AVOGADOS MADRILEÑOS DENUNCIARÁN AO XUÍZ BELGA.

Avogados madrileños denunciarán ao xuíz belga se acepta a demanda contra Llarena.

A asociación de avogados Movimiento24DOS, con sede en Madrid, anunciou a traveso da súa conta de Twitter que presentará unha querela contra o titular do xulgado francófono de Bruxelas se admite a trámite a demanda civil presentada polo president Carles Puigdemont e mais os catro consellers no exilio contra o xuíz do Tribunal Supremo, Pablo Llarena.

Na vista fixada para o 4 de setembro, o titular da primeira sala do xulgado de primeira instancia francófono da capital belga terá que escoitar as alegacións das partes e decidir se tramita a demanda contra o maxistrado do Supremo por vulneración do dereito á honra e para non respectar a presunción de inocencia dos cinco líderes independentistas. Nesta vista, non é preciso que compareza Llarena pero si un representante legal no su nome.

Para o colectivo de avogados, presidido polo catedrático Nicolás González-Cuéllar, se o xuíz belga leva a trámite a demanda civil estaría a prevaricar e cometendo un delicto de usurpación de funcións públicas.

Os avogados adiantan que, no caso de se presentar, viría a ser unha querela “como acción popular diante do tribunal español competente” xa que consideran que o xuíz belga se estaría a atribuír unha “xurisdición que non é da súa competencia”.

Nova Original – El Nacional (28/08/2018)

Facebooktwittergoogle_plusredditlinkedintumblr

Share this Post

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*