GALEGO

Queremos explicarnos ao mundo.

Benvido a Babel RepubliCat!

Nacemos coa vontade de loitar contra a falta de independencia dos medios de comunicación ao servizo do Estado Español. Este é un feito denunciado tanto pola Comunidade Europea como a cidadanía española. Mesmo foi noticia en ” The New York Times” (noticia orixinal).

A falta de independencia dos medios coloca á sociedade catalá, española e mundial nunha situación de vulnerabilidade e desprotección en canto ao dereito á información. Impídesenos acceder á realidade plural. Limítasenos o dereito para tomar decisións con responsabilidade e coñecemento, no noso exercicio democràtico de influencia política.

Os medios de comunicación son un dos alicerces da democracia. E a función de Babel RepubliCat é defender este dereito. O dereito de todos os cidadáns de acceder a aquelas informacións respecto da situación atual en Catalunya e o seu proceso facía a República, que o Goberno de España esconde ou manipula na súa difusión.

O noso propósito é mostrar ao mundo porqué Catalunya desexa converterse nunha República independente e libre. Queremos dar voz á democracia, colaborando en construír un mundo máis xusto para todos.

Ofrecémosche información e facémolo no teu idioma, porque o noso desexo é facernos entender.

A nosa ferramenta é a comunicación: Queremos falarche a tí!.

E para conseguilo ofrecemos contidos en todos os idiomas ao alcance das decenas de persoas voluntarias que realizan as nosas traducións. Polo momento, falamos español, inglés, francés, alemán, italiano, portugués e eúscaro. Esperamos que a forza da solidariedade permítanos seguir ampliando esta gran familia de idiomas do Mundo.

A totalidade deste proxecto é voluntario. Está xestado e alimentado coa suma do coñecemento, paciencia e desexos de progreso de moitas persoas, catalás ou non, que non nos conformamos co que se nos impón para beneficio alleo. Persoas que desexamos ser protagonistas e partícipes de nosa propia Historia. Partícipes da Historia deste país, chamado Catalunya.

Non hai fronteiras na República Catalana.

Facebooktwittergoogle_plusredditlinkedintumblr