Category Archives: 1 DE OUTUBRO

Arquivos de 1 DE OUTUBRO ~ GALEGO ~ Babel RepubliCat

A falta de independencia dos medios coloca á sociedade catalá, española e mundial nunha situación de vulnerabilidade e desprotección en canto ao dereito á información. Impídesenos acceder á realidade plural. Limítasenos o dereito para tomar decisións con responsabilidade e coñecemento, no noso exercicio democràtico de influencia política.

Os medios de comunicación son un dos alicerces da democracia. E a función de Babel RepubliCat é defender este dereito. O dereito de todos os cidadáns de acceder a aquelas informacións respecto da situación atual en Catalunya e o seu proceso facía a República, que o Goberno de España esconde ou manipula na súa difusión.

O noso propósito é mostrar ao mundo porqué Catalunya desexa converterse nunha República independente e libre. Queremos dar voz á democracia, colaborando en construír un mundo máis xusto para todos.

Ofrecémosche información e facémolo no teu idioma, porque o noso desexo é facernos entender.