DECLARACIÓN DE RESPECTO E DESAGRAVIO AO XENERAL DON FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE, SOLDADO DE ESPAÑA

Despois dos permanentes ataques á persoa do Xeneral Franco dende a súa morte, borrando sen présa pero sen pausa todo vestixio do seu quefacer por España nos intres históricos que lle tocou vivir, a esquerda política e todos os seus medios afíns provocaron unha campaña sen medida e dificilmente comprensíbel, agás pola súa teima visceral de revancha para borrar medio século da nosa Historia, mediante a tentativa final de facer desaparecer definitivamente ao principal artífice de que esa Historia non desaparecese.

Ante tal campaña, militares de todas as graduacións en situación de retirados e polo tanto con pleno dereitoo de liberdade de expresión, manifestamos e asinamos con esta declaración a defensa da figura militar do Xeneral Franco, hoxe desprezada ata extremos inconcebibeis, sen ningunha obxectividade, baseados na terxiversación da Historia e cuns fins adulterados que ruborizan a calquera estudoso da verdade histórica.

Facémolo amparados no cumprimento do expresado con claridade no artigo 21 das Reais Ordenanzas para as Forzas Armadas, aprobadas por Real decreto 96/2009 do 6 de febreiro: “Os membros das Forzas Armadas sentiranse herdeiros e depositarios da tradición militar española. A homenaxe aos heroes que a forxaron e a todos os que entregaron a súa vida por España é un deber de gratitude e un motivo de estímulo para a continuación da súa obra “.

Aos que seguen coa teima de descualificar de xeito absoluto e sen paliativos a conduta dun militar exemplar para todos os soldados: retirados, en activo o os que están por viren, recomendámoslles a lectura repousada e obxectiva da folla de servizos do Xeneral Franco. Nada máis concreto e sen antollos linterarios que a súa redacción para expresar como Francisco Franco, dende moi novo segundo tenente con 17anos, ata os 33 coma o xeneral de menor idade de Europa, sempre solicitou os postos de maior risco e cansazo, disciplinado, subordinado e sempre preocupado polos soldados que tiña ás súas ordes, aos que mandaba co exemplo, foi ferido de gravidade en combate e ascendido varios cm-picos por méritos de guerra. Coa chegada da II República, independentemente do xeito de como fose proclamado, foille leal, pechou por mandato superior a Academia Xeneral Militar que dirixía e ás ordes do Goberno da República dirixiu a acción militar que sufocou a sublevación de Asturias en 1934, provocada pola oposición da esquerda e preludio da Fronte Popular e posterior Guerra Civil.

Chegado aquel intre crucial para a supervivencia da Nación española, asumiu a responsabilidade que lle entregaron os seus compañeros de Armas para exercer o Mando único da España agredida e asediada polo comunismointernacional aceptado e adoptado pola Fronte Popular.

Dos anos posteriores á contenda, cóntanse agora sucesos que axitan a sensibilidade dos máis fortes. Incluso aqueles que poidan atribuírse a feitos reais, son matizados con episodios faltos de autenticidade e elúdese a situación do intre no que aconteceron co fin de criminalizar calquera actidude por xusta que fose.

Aos que con tal finalidade actúan, só lles lembraremos que poucos documentos definen con tanta obxectividade a personalidade do interesado como o fai a Folla de servizos dun militar, que relata as circunstancias vividas cotianamente polo soldado, sen máis contido que os feitos e actitudes amosadas no decurso de cada ano.

É por todo isto que defendemos a imaxe militar do Xeneral Franco, claramente definida na súa Folla de Servizos e dada a personalidade que se reflicte nela, desaprobamos moitas das acusacións que se espallan nestes intres contra el co único fin de que as novas e futuras xeracións ignoren e se é posíbel desprezen un período importante da súa propia Historia, tentando xustificar con iso un falso progreso que agocha a realidade da actual derruba territorial da Nación e a manifesta desigualdade entre os españois.

Ante tal situación, os asinantes desta Declaración solicitamos aos directores e actores desta campaña infame, retomar a verdade histórica nas súas exposicións de motivos e rematar coa súa perversa pretensión de exhumar os restos de Franco e a posterior transformación ou destrución do símbolo da reconciliación que lle alberga xunto a tantos combatentes da Guerra Civil.

Do mesmo xeito, publicamos esta declaración como emenda ao dano causado por aqueles que insisten en descualificar a un soldado coma o Xeneral Franco, cuxos servizos á Patria están ben documentados e sentímonos na obriga de que se lle rinda a gratitude que lle corresponde e mesmo ser motivo de respecto para todos os militares que agora asinamos esta Declaración e os que máis adiante desexen engadirse, así como para aqueles que por imperativo legal non poden facelo.

Agosto de 2018

 

Nova Original -(AME) Asociación de Militares Españoles – 31/07/2018

Facebooktwittergoogle_plusredditlinkedintumblr

Share this Post

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*