ESPAÑA TEN QUE OBEDECER

O Supremo recoñece que España está obrigada a cumprir as recomendacións da ONU.

O Alto Tribunal español crea xurisprudencia nunha sentenza onde condena ao Estado por non ter cumprido as recomendacións do Comité da ONU para eliminar toda discriminación contra a muller.

O Tribunal Supremo vén de ditaminar que o Estado español ten que aplicar as recomendacións das Nacións Unidas. Condenouno a indemnizar con seiscentos mil euros á nai dunha cativa de sete anos asasinada polo pai, condenado por malos tratos durante unha visita non vixiada. A muller xa tiña presentadas medio cento de denuncias para impedir estes encontros, pero non o conseguiu. Agora, o Supremo condenou ao Estado español por deixar de lado unha resolución do Comité das Nacións Unidas para a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller.

O devandito comité ditou que España violara os dereitos fundamentais tanto da nai coma da filla, e pedía que fose indemnizada. Tamén esixía que se abrise unha investigación exhaustiva e imparcial para atopar os erros administrativos que as deixaron desprotexidas. Pero o Goberno español respondeu que os dictames da ONU non eran vinculantes, e que polo tanto non esaban na obriga de acatalos.

A sentenza vai moito máis aló deste caso concreto.

O razoamento xurídico que establece xurisprudencia e adoutrinamento, explica conceptos básicos sobre a responsabilidade do Estado español de cumprir as recomendacións dos comités das Nacións Unidas e os tratados do dereito internacional subscritos por España.

O Supremo lembra que o artigo 96 da Constitución española recoñece como parte do ordenamento xurídico interno a normativa internacional que estea ratificada e publicada no BOE. Tamén lembra que o artigo 10.2 di que “no tocante ás normas dos dereitos fundamentais, estes deberán interpretarse consonte a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre esta”.

Así, a xurisprudencia creada polo Supremo afecta tamén a outros casos como a resolución do Comité de Dereitos Humanos da ONU na que insta a España a respectar os dereitos políticos de Jordi Sànchez e que Llarena non cumpriu, manténdoo na cadea e deste xeito conseguiu impedir que fose investido.

O texto di que “pedíuselle ao estado membro [España] que tomase todas as medidas precisas para que Jordi Sànchez puidese exercer os seus dereitos políticos de acordo co artigo 25 do Convenio”. No mesmo texto tamén se lle indica que esta petición non implica ningunha decisión do comité sobre o seu caso, senón máis ben que vén sendo unha petición cautelar no mesmo intre no que a ONU admitiu a trámite a demanda de Sànchez.

Dereito de autodeterminación

Outro dereito que España ten que cumprir segundo o artigo 10.2 da Constitución española é o dereito de autodeterminación dos pobos, recoñecido varias veces polas Nacións Unidas. Hai dous textos fundamentais que o Estado español asinou e que ten a obriga de aceptar. Principalmente, o capítulo primeiro da carta fundacional das Nacións Unidas:

«Os propósitos das Nacións Unidas son:

[…]

2. Fomentar entre as nacións relacións amigables baseadas no respecto ao principio da igualdade de dereitos dos pobos e do seu lexítimo dereito á libre determinación, e tomar todas as medidas axeitadas para fornecer a paz universal.»

 

Pero este texto xa foi moi desenvolvido e matizado polo Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, asinado polas Nacións Unidas o 16 de decembro de 1966. Di:

«Artigo 1.

1. Todos os pobos teñen o dereito de libre determinación. En virtude deste dereito establecen libremente a súa condición política e proporcionan así mesmo o seu desenvolvemento económico, social e cultural.»

 

Outro asunto no que o Goberno español fixo caso omiso ás recomendacións das Nacións Unidas é nas demandas do Grupo de traballo sobre desaparicións forzosas ou involuntarias da ONU. No ano 2013 redactou un informe onde lle pedía ao Goberno español medidas concretas para atopar e identificar ás persoas que están en fochas comúns franquistas.

Nova Original: Vilaweb (23-07-2018)

Facebooktwittergoogle_plusredditlinkedintumblr

Share this Post

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*