VOSTEDE SI QUE ME CONVERTEU NUN DESES PRESOS

Jordi Turull, Conseller de presidencia, dende o cárcere de Estremera.

É a primeira vez que un maxistrado decide cal é o deputado ao que se lle votar como presidenet e a cal non.

Se algo tes no cárcere é tempo. Estes 27 días lin, folla tras folla, todos os documentos desta instrución. Todos. E a conclusión á que chego é que este proceso non vai de impartir xustiza con todas as garantías, senón que este proceso vai de política e de escarmento. Dunha política e un escarmento que ameaza dereitos básicos como a liberdade de expresión, a liberdade de reunión e a liberdade de manifestación. Este proceso é un ataque aos piares básicos do parlamentarismo democrático.

O acto de procesamento amosa unha falta de rigor moi preocupante. Atribúenseme actuacións como Conseller cando aínda non o era. Hai tuits e declaracións que non se corresponden nin co día nin mesmo coa noticia coa que se vincellan..

É dunha parcialidade xamais vista. Baséase en informes da Garda Civil absolutamente condicionados, creados ao servizo dun acto de procesamento feito á medida, á carta, que sostén a rebelión en feitos que están protexidos por la lei, feitos normais e habituais como as reunóns entre grupos parlamentarios e partidos políticos, actos, conferencias, mitins políticos para clarexar posicións, ou críticas políticasao Goberno central.

Agora ben, é tan tendencioso o publicado, como chamativo o que non o é.

Milleiros de declaracións apelando ao diálogo e ao pacto co Estado. Chamadas ao pacifismo, multitudinarias manifestacións pacíficas sen ningún incidente. De todo isto non se amosa ren de ren. Tampouco nada se di das demandas feitas o 1 de outubro para que se votara alí onde non houbese policía, nin do censo universal. Non se amosa ningunha referencia á violencia policial, que foi denunciada por todos os medios de comunicación a nivel mundial e aquí nin se reflicte nunha triste liña. Como dicía, falta de rigor e parcialidade. E isto non é opinable, é directamente constatábel.

Se todo isto é xa de por si grave e inxusto, para min o máis grave é que estamos a asistir a un cruzamento de poderes. Xa non é unha falla de separación de poderes, senón un cruzamento de poderes. Coas súas decisións e co que vostede está a escribir, señoría, vén a dicir como e, por riba de todo, en que mans estarán o futuro político e insitucional de Cataluña. Así de grave, pero ben certo. Xustifica o noso encadeamento “para garantir o retorno a un autogoberno atinado”? Que considera vostede por “atinado”? Non é atinado o voto dos cidadáns? Non é atinado o partido ao votan? Non é atinado iso que libremente deciden votar os deputados no Parlament de Cataluña?

No cárcere tamén me preguntei

que foi o que realmente mudou dende o 4 de decembro, cando se me foi dictada a liberdade provisional, ata o 23 de marzo, cando de novo se me foi dictado o ingreso no cárcere. Que fixemos? Incumprín o deber de asistir semanalmente aos xulgados? Non. Votei no Parlament algo prohibido polo Tribunal Constitucional? Non. Tentei algunha vez non comparecer cando fun requirido? Non. Cales foron as novidades que me afectadron? Cales foron eses feitos obxectivos? Pois tres novos feitos: Primeiro: non renunciei á miña actividade política e fun elilxido deputado ao Parlament. Segundo: Houbo unha nova maioría absoluta do independentismo. Terceiro: fun proposto candidato á presidencia e realicei o primeiro debate de investidura..

A acta de procesamento acelerouse entre o primeiro e segundo debates. É casualidade? Todos os medios publicaron que despois da tentativa de investir a Jordi Sánchez, o seguinte candidato sería eu. Vostede citounos en 48-72 horas deu a orde de que entraramos no cárcere. Cárcere para todos aos que vostede ordenou liberdade provisional? Non. Tan só para os que non renunciamos á actividade política activa, aos deputados.

Vostede, señoría, impediume asistir ao segundo debate de investidura

e someterme á votación que me tería permitido ser president de Catalunña. O meu compromiso en sede parlamentaria de iniciar unha etapa de diálogo, dialogo e tan só diálogo, non garanten, segundo vostede, un “atinado retorno do autogoberno a Cataluña”? No meu discurso de investidura houbo algún elemento, afirmación ou proposta que puidese comportar unha “hipotética reiteración delictuosa”? Non, xamais.

Aquí é cando chegamos ao seu argumento más novidoso, delirante e rachador. O seu argumento para impedirme asistir ao debate de investidura e ordenar, outra vez, o meu ingreso no cárcere. Vostede escribe que “a miña esfera psicolóxica interna non permite asegurar o respecto ás decisións deste instructor”, é dicir, de vostede. Ten vostede, señoría, algún informe forense que tivese accedido á miña esfera psicolóxica que sosteña tales afirmacións? Non son consciente de terme sometido a ningún exame psicolóxico. A análise e as conclusións desta índole necesitan ciencia e prégolle, se é posíbel, o devandito informe. Porque ata o de agora non incumprín ningunha das súas condicións para a miña liberdade condicional.

Vostede vulnerou os meus dereitos políticos

impedíndome realizar o segundo debate de investidura. E ademais de vulnerar o meu dereito, vulnerou o dereito que teñen os deputados de poder votar o presidente entre os deputados con pleno dereito do Parlament. É a primeira vez que un maxistrado decide a que deputado se pode votar e a cal non se pode. Ata o de agora era competencia do president do Parlament a proposta dos grupos parlamentarios. Quen debería facer política, o Goberno español, é o que nos informa de cando, como e por que seremos xulgados e condenados. E quen debería impartir xustiza é precisamente quen decide como e con quen se retomará o autogoberno político en Cataluña. Un auténtico cruzamento de poderes.

Fun membro do goberno só tres meses. Unha gran honra. O goberno decidiu facer un referendo, si. Un feito expresamente despenalizado como delicto. Fun durante moitos anos (e sigo a selo) deputado ao Parlament de Cataluña. Tamén unha auténtica honra. O Estatut de Autonomía de Catalunya, unha lei orgánica do Estado, establece que os deputados somos inviolábeles polas nosas opinións e polos nosos votos.

Esta instrución fai oídos xordos a estes elementos, incluso os ignora ou ben os combate. Non hai ren nesta causa, ren, que sosteña a miña participación nun delicto de rebelión. Ren. E estou na cadea. Non sei se cando entrei no cárcere, aló polo mes de novembro, era un preso político pero dende o mes de marzo, e por todo o que lle teño dito e argumentado, vostede si que me converteu nun deses presos. E dado que non garanto, segundo o seu parecer, un retorno correcto do autogoberno e podería ser president, vostede envioume ao cárcere.

Se a persoa que procuraba este atropelo e este escarmento pensaba que ía renunciar aos meus ideais políticos, que de sempre foron pacíficos e democráticos,

e tamén aos meus compromisos cos cidadáns, dígolles dende aquí que non farei tal cousa. Se esa persoa pretende que deixe de ser independentista, tampouco o farei. Prefiro soportar esta grave inxustiza por implacábel que sexa para min e mais para a miña familia, ca renegar e desertar dos meus convencementos e dos meus ideais, avalados por todas as leis para defendelos. Señoría, rexeitarei a súa delirante invitación para que abandone a política e o meu compromiso con Cataluña. Así non se soluciona o conflito político que existe en Cataluña. Amáñase facendo política por parte dos políticos. E tamén con diálogo, que é xusto o que estaba a propoñer en sede parlamentaria cando vostede me interrompeu para me encarcerar.

Señoría, reconsidere a miña acusación.

É tan grave como inxusta para os meus compañeiros e mais para min. Mesmamente coas medidas cautelares, que son inxustas e desproporcionadas. Telo en conta sería, non o dubide, a maior garantía para un tranquilo e atinado retorno do autogoberno de Cataluña. Porque pode ser o inicio dun período de diálogo co Estado que, non o dubide, agradecerían e beneficiarían sete millóns e medio de cataláns.

Foto: REUTERS. Jordi Turull, pensativo, durante a primeira sesión de investidura como presidente da Generalitat. 

Nova Original: El Punt Avui (23-04-2018)

Facebooktwittergoogle_plusredditlinkedintumblr

Share this Post

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*